miércoles, 1 de enero de 2020

Ás veces volvo pensar

Eu penso, sempre no mesmo eixo, ti. A miña liberdade, ti fuches quen d desenrolarme do peor dos velenos, ti ensinachesme a falar...a amar. Cando voltarei a tropezar con tigho? Cando recuperarei a miña liberdade? Só espero q ese traxecto nn remate coa miña cordura, q nn remate co meu neno interior......

martes, 16 de octubre de 2012

Penso en como cambiar as cousas

Penso e doulle voltas a un pensamento q escoitei fai semanas, estamos a vivir a terceira Guerra Mundial pero esta e unha guerra económica.....
Medo me da....
Por terceira vez na historia a dereita alemana impón a súa forza e somete ao continente europeo os seus desexos e tolemias, o Reino Unido intenta manterse ao marxe,cousa q parece imposible neste novo xeito d facela guerra, os EEUU d Obama nn parecen lembrar o acontecido non fai tanto tempo ou si, e o q están a facer é buscar o xeito d sacar a maior rentabilidade.
E así nos vai....
Se os cartos nn circulan, uns poucos conseguen q a gran maioría rebaixemos as nosas aspiracións, q traballemos en condicións q antes nn aceptábamos. A eles, a subida dos prezos causada polo incremento do IVA nn lles afecta, qué máis pode importarlle a un tipo q antes d 2008 deixaba case 50€ en gasolina pra ir da Cruña a Santiago? Agora deixaranse 80 ou 90...e q? Mentres nós, os cidadáns da rúa sufrimos cada vez q escoitamos q sube a cotización do barril d petróleo....
Despois de cada Guerra Mundial o mundo puxo á dereita alemana no seu lugar, saberán reaccionar esta vez a tempo?
Nós a este aspecto nn podemos facer outra cousa q mantela esperanza cando falan d macroeconomía e preparar o noso mundo pra nova situación. Como? Alonxándonos.
Saíndo do mundo no q a eles convenlles q sigamos. A nosa angustia, os nosos medos son os seus beneficios. Por iso, ser nós mesmos é tan importante, cando alguén pensa q nn ten ningunha habilidade, eles vencen. Eles vencen cando teñen víctimas ás q manipular, ás q dicir como e cando ser ceives ou felices. Cando saímos dos cauces normais, cando somos o  salmón desta sociedade estamos a loitar nesta guerra, do mesmo lado q o fixeron tod@s aqueles q creron vencer ao século pasado, os q deixaron a súa voz nas cunetas deste país.
Cambiar o mundo dende arriba é imposible x varias razóns. A primeira e máis importante, é a educación. É preciso deixar no pasado este sistema educativo q pretende medir o nivel das persoas con uns baremos ríxidos, iguais pra tod@s sen ter en conta q cada un d nós, é un ser único e irrepetible. Coa educación cambiamos o mundo, mostrando a realidade da historia e demostrando q nn existe ninguén inválido ou inútil. Iso són, as suas grandes mentiras, a súa victoria.
Segundo, xq existen os mesmos poderes q rixen o mundo dende fai séculos, e x moitas revolucións q fixera o pobo, revolucións feitas atacando directamente a cabeza do poder e sustituíndoo x outro novo. Ese camiño é errado xq o pobo nunca tivo o poder xq as decisións sempre foron tomadas lonxe d onde afectaban realmente. O pobo ten dereito a errar nas suas decisións como calquera na súa vida privada, así aprendemos, crecemos como sociedade. Os paternalismos exercidos polos gobernos impiden ese dereito da sociedade. A igrexa fixo iso durante séculos e só dándolle a espalda estamos a conseguir q o seu poder merme e iso vese ao escoitar os seus patalexos d crío. Pois o poder igual. Tomemos os concellos e comecemos a loita pacífica x abaixo, a loita lenta pero a única q nos levará á victoria, igual nn mañá, fixo q así levara máis tempo pero todos sabemos q os callos feitos ao lume lento dunha lareira saben moito mellor q calquera feito nunha exprés a propano e a leña empregada para ela podemola facer sostible trasmochando carballos. Pero todo iso leva tempo e traballo antes, durante, e despois.
Amodo e dende abaixo.

domingo, 8 de julio de 2012

Eu penso, sempre no mesmo eixo, ti. A miña liberdade, ti fuches quen d desenrolarme do peor dos velenos, ti ensinachesme a falar...a amar. Cando voltarei a tropezar con tigho? Cando recuperarei a miña liberdade? Só espero q ese traxecto nn remate coa miña cordura, q nn remate co meu neno interior......

viernes, 27 de enero de 2012

Acomodados

Sí, acomodados, esa e a palabra q define q situación da gran maioria da sociedade occidental. Acomodados cando vemos as cifras d beneficios das grandes empresas, acomodados cando vemos inxustizas q se foran cometidas sobre os nosos fillos centrarán o odio desta sociedade putrefacta.
Acomodados cando pensamos q a lei SOPA só busca acabar coa piratería ou a censura en tuiter só val pra evitar malas practicas.
Esa nn é a realidade buscan o control, o saber quen é cada quen. Tod@s aqueles q nn empregaban Internet para postureo, todos aqueles q vian en Internet un medio libre, sen xuices, a eses e empregaban BEN Internet son os afectados. 

martes, 17 de enero de 2012

O nacionalismo

Nacionalistas somos todos ainda sen decatarnos. Dun territorio mais grande ou mais pequeno q tod@s sentimonos como a nosa 'terra'. Ser nacionalista e só iso.
O meu mirar o erro reside precisamente no tamaño deste territorio. Os nacionalismos de grandes territorios són imperialismo, como China, USA,Alemaña e a sua 'eurozona'....Cal é o 'tamaño' real do territorio q coñecemos a sua problemática? A real, real a da contorna da nosa casa e a referinte o noso traballo. Mais alo falar moitas veces é demais. Os mariñeiros o mar e os labregos a terra. Cando un galego, madrileño, ou canario (por dicir uns) di q coñece o xeito d arranxar todos os problemas d espanha, ou ten un equipo d 19 q a sua vez teñen os seus propios equipos doutros tantos ou dudo moito q eses 'problemas' sexan tales ou os q  realmente solucionaran este embrollo. Para ser francos as solucions deben ser diferentes en cada lugar para nn ter un único sector productivo e así evitar unha nova burbulla q estoure nos nosos fuciños tal pataca quente. Agora dinnos q o mundo está globalizado e temos q competir co outro extremo do planeta, cando iso é q gran mintira. Cada lugar do mundo pode ofrecer algo q no resto do mundo nn existe ou nn do mesmo xeito. Cambiar o mundo só e cambiar o teu contorno, é inútil esperar un gran líder q o faga por nos. Os grandes líderes nunca són tais, són persoas con defectos coma min e coma ti a única diferenza é q eles fan o q sienten q teñen q facer. O nacionalismo nn ten xq ser encerrarse a un mesmo, defeito e xusto o contrario, é sentirse orgüioso do q un ten e ensinalo os demais. A mezcla nn é mala cousa, o jazz ou o soul són mezclas pero són boas porque a mezcla ven de músicas étnicas (o mais pequeno dos nacionalismos), pola contra o POP e moito mais monótono porque esa variante ten como raíz as anteriois, a mezcla da mezcla. Por iso é preciso q cada lugar conserve o seu, as mellores misturas están por chegar.
Os nacionalismos deberán voltarse rexionalismos para enton poder colaborar en igualdade d condicions ou mais xustas. 

miércoles, 11 de enero de 2012

Ser humano

Eu penso q se somos humanos é por cousas como a capacidade d soñar, sentir, falar, ler e escribir.
As tres do final teñen q ver co idioma, a capacidade das persoas de crear diferentes linguas, coa mesma matriz ou distintas, según os lugares e os feitos históricos. Os cans ladran o mesmo en Australia, América ou na tua casa, as persoas por sorte nn. Desprezar, ignorar, ou o q é peor, poñer trabas a unha lingua ou cultura e tirar pedras no teu propio tellado.
Os sentimentos nn é algo exclusivo das persoas, os animais e vexetais tamen sinten, pero de xeitos distintos. Os animais salvaxes, na sua maioria, o ver como un depredador captura a un menbro da sua manada nn se deteñen, supervivencia supoño, pero son capaces d dar cariño ou xogar, nos temos unha gama de sentimentos moito mais ampla, tamen por sorte, ainda q as veces nn o creamos asi, q soe ser sempre cando doe.
Soñar, imaxinar, ser utópico é unha cualidade humana das mais maravillosas. Dende a imaxinación somos capaces d crear cousas q logo tronanse realidades moito maiores, un exemplo o submarino de Julio Berne. Ser utópico e a única maneira d atravesar muros decatandonos nese intre q detrás nn hai nada tan forte como criamos dende o outro lado e q derrubalo e moito mais sinxelo do esperado.
Aqueles q lapidan a alguen por ter a capacidade de ser critic@ con todos os bandos incluido o seu dicindolle q soña con utopías, en realidade estanlle a facer un alago e evidenciando a sua falta d capacidade para soñar. Soñar desperto e tan preciso como durmir, se nn é q te conformas cos muros da tua habitación. Unha sociedade q nn soña ou faino con cousas banais é unha sociedade controlada e domesticada.

Con todo isto declarome soñador utópico, cos sentimentos a flor de pel, falador, lector e escritor do meu camiño.

lunes, 28 de noviembre de 2011

A importancia d pensar

Eu penso, penso como supoño q todos pensamos nas cousas q rodean o meu día esas q ou ben acontecenme a min persoalmente ou son 'noticia' e polo cal son comúns a tod@s aqueles q temos un mínimo d interese. A estes pensamentos comuns adico este blog buscando deste xeito a miña opinión persoal, non busco crear ningún tipo d doctrina, só responde a exercer ese dereito de 'libre expresión' q tod@s deberíamos exerce frente o control informativo dos medios d comunicación. Q cousas das q nos contan son certas? Q cousas das q 'todos sabemos' son certas?
Mirade o documental d Oliver Stone -Al sur de la frontera-. Podese estar ou nn dacordo co q eses persoaxes opinan, pero nn se debería nn ter opinión sobre a manipulación dos medios.
Esa necesidade d dicir o q un mesmo opina, a posta en común das ideas é a única arma nn violenta q temos nas nosas mans. Poden censurar a un pero nn poden facelo con todos, e hai está a maxia d Internet.
Pensade, pensar é o único xeito d nn crer ás mentiras dos medios d comunicación d masas.