viernes, 27 de enero de 2012

Acomodados

Sí, acomodados, esa e a palabra q define q situación da gran maioria da sociedade occidental. Acomodados cando vemos as cifras d beneficios das grandes empresas, acomodados cando vemos inxustizas q se foran cometidas sobre os nosos fillos centrarán o odio desta sociedade putrefacta.
Acomodados cando pensamos q a lei SOPA só busca acabar coa piratería ou a censura en tuiter só val pra evitar malas practicas.
Esa nn é a realidade buscan o control, o saber quen é cada quen. Tod@s aqueles q nn empregaban Internet para postureo, todos aqueles q vian en Internet un medio libre, sen xuices, a eses e empregaban BEN Internet son os afectados. 

martes, 17 de enero de 2012

O nacionalismo

Nacionalistas somos todos ainda sen decatarnos. Dun territorio mais grande ou mais pequeno q tod@s sentimonos como a nosa 'terra'. Ser nacionalista e só iso.
O meu mirar o erro reside precisamente no tamaño deste territorio. Os nacionalismos de grandes territorios són imperialismo, como China, USA,Alemaña e a sua 'eurozona'....Cal é o 'tamaño' real do territorio q coñecemos a sua problemática? A real, real a da contorna da nosa casa e a referinte o noso traballo. Mais alo falar moitas veces é demais. Os mariñeiros o mar e os labregos a terra. Cando un galego, madrileño, ou canario (por dicir uns) di q coñece o xeito d arranxar todos os problemas d espanha, ou ten un equipo d 19 q a sua vez teñen os seus propios equipos doutros tantos ou dudo moito q eses 'problemas' sexan tales ou os q  realmente solucionaran este embrollo. Para ser francos as solucions deben ser diferentes en cada lugar para nn ter un único sector productivo e así evitar unha nova burbulla q estoure nos nosos fuciños tal pataca quente. Agora dinnos q o mundo está globalizado e temos q competir co outro extremo do planeta, cando iso é q gran mintira. Cada lugar do mundo pode ofrecer algo q no resto do mundo nn existe ou nn do mesmo xeito. Cambiar o mundo só e cambiar o teu contorno, é inútil esperar un gran líder q o faga por nos. Os grandes líderes nunca són tais, són persoas con defectos coma min e coma ti a única diferenza é q eles fan o q sienten q teñen q facer. O nacionalismo nn ten xq ser encerrarse a un mesmo, defeito e xusto o contrario, é sentirse orgüioso do q un ten e ensinalo os demais. A mezcla nn é mala cousa, o jazz ou o soul són mezclas pero són boas porque a mezcla ven de músicas étnicas (o mais pequeno dos nacionalismos), pola contra o POP e moito mais monótono porque esa variante ten como raíz as anteriois, a mezcla da mezcla. Por iso é preciso q cada lugar conserve o seu, as mellores misturas están por chegar.
Os nacionalismos deberán voltarse rexionalismos para enton poder colaborar en igualdade d condicions ou mais xustas. 

miércoles, 11 de enero de 2012

Ser humano

Eu penso q se somos humanos é por cousas como a capacidade d soñar, sentir, falar, ler e escribir.
As tres do final teñen q ver co idioma, a capacidade das persoas de crear diferentes linguas, coa mesma matriz ou distintas, según os lugares e os feitos históricos. Os cans ladran o mesmo en Australia, América ou na tua casa, as persoas por sorte nn. Desprezar, ignorar, ou o q é peor, poñer trabas a unha lingua ou cultura e tirar pedras no teu propio tellado.
Os sentimentos nn é algo exclusivo das persoas, os animais e vexetais tamen sinten, pero de xeitos distintos. Os animais salvaxes, na sua maioria, o ver como un depredador captura a un menbro da sua manada nn se deteñen, supervivencia supoño, pero son capaces d dar cariño ou xogar, nos temos unha gama de sentimentos moito mais ampla, tamen por sorte, ainda q as veces nn o creamos asi, q soe ser sempre cando doe.
Soñar, imaxinar, ser utópico é unha cualidade humana das mais maravillosas. Dende a imaxinación somos capaces d crear cousas q logo tronanse realidades moito maiores, un exemplo o submarino de Julio Berne. Ser utópico e a única maneira d atravesar muros decatandonos nese intre q detrás nn hai nada tan forte como criamos dende o outro lado e q derrubalo e moito mais sinxelo do esperado.
Aqueles q lapidan a alguen por ter a capacidade de ser critic@ con todos os bandos incluido o seu dicindolle q soña con utopías, en realidade estanlle a facer un alago e evidenciando a sua falta d capacidade para soñar. Soñar desperto e tan preciso como durmir, se nn é q te conformas cos muros da tua habitación. Unha sociedade q nn soña ou faino con cousas banais é unha sociedade controlada e domesticada.

Con todo isto declarome soñador utópico, cos sentimentos a flor de pel, falador, lector e escritor do meu camiño.