martes, 16 de octubre de 2012

Penso en como cambiar as cousas

Penso e doulle voltas a un pensamento q escoitei fai semanas, estamos a vivir a terceira Guerra Mundial pero esta e unha guerra económica.....
Medo me da....
Por terceira vez na historia a dereita alemana impón a súa forza e somete ao continente europeo os seus desexos e tolemias, o Reino Unido intenta manterse ao marxe,cousa q parece imposible neste novo xeito d facela guerra, os EEUU d Obama nn parecen lembrar o acontecido non fai tanto tempo ou si, e o q están a facer é buscar o xeito d sacar a maior rentabilidade.
E así nos vai....
Se os cartos nn circulan, uns poucos conseguen q a gran maioría rebaixemos as nosas aspiracións, q traballemos en condicións q antes nn aceptábamos. A eles, a subida dos prezos causada polo incremento do IVA nn lles afecta, qué máis pode importarlle a un tipo q antes d 2008 deixaba case 50€ en gasolina pra ir da Cruña a Santiago? Agora deixaranse 80 ou 90...e q? Mentres nós, os cidadáns da rúa sufrimos cada vez q escoitamos q sube a cotización do barril d petróleo....
Despois de cada Guerra Mundial o mundo puxo á dereita alemana no seu lugar, saberán reaccionar esta vez a tempo?
Nós a este aspecto nn podemos facer outra cousa q mantela esperanza cando falan d macroeconomía e preparar o noso mundo pra nova situación. Como? Alonxándonos.
Saíndo do mundo no q a eles convenlles q sigamos. A nosa angustia, os nosos medos son os seus beneficios. Por iso, ser nós mesmos é tan importante, cando alguén pensa q nn ten ningunha habilidade, eles vencen. Eles vencen cando teñen víctimas ás q manipular, ás q dicir como e cando ser ceives ou felices. Cando saímos dos cauces normais, cando somos o  salmón desta sociedade estamos a loitar nesta guerra, do mesmo lado q o fixeron tod@s aqueles q creron vencer ao século pasado, os q deixaron a súa voz nas cunetas deste país.
Cambiar o mundo dende arriba é imposible x varias razóns. A primeira e máis importante, é a educación. É preciso deixar no pasado este sistema educativo q pretende medir o nivel das persoas con uns baremos ríxidos, iguais pra tod@s sen ter en conta q cada un d nós, é un ser único e irrepetible. Coa educación cambiamos o mundo, mostrando a realidade da historia e demostrando q nn existe ninguén inválido ou inútil. Iso són, as suas grandes mentiras, a súa victoria.
Segundo, xq existen os mesmos poderes q rixen o mundo dende fai séculos, e x moitas revolucións q fixera o pobo, revolucións feitas atacando directamente a cabeza do poder e sustituíndoo x outro novo. Ese camiño é errado xq o pobo nunca tivo o poder xq as decisións sempre foron tomadas lonxe d onde afectaban realmente. O pobo ten dereito a errar nas suas decisións como calquera na súa vida privada, así aprendemos, crecemos como sociedade. Os paternalismos exercidos polos gobernos impiden ese dereito da sociedade. A igrexa fixo iso durante séculos e só dándolle a espalda estamos a conseguir q o seu poder merme e iso vese ao escoitar os seus patalexos d crío. Pois o poder igual. Tomemos os concellos e comecemos a loita pacífica x abaixo, a loita lenta pero a única q nos levará á victoria, igual nn mañá, fixo q así levara máis tempo pero todos sabemos q os callos feitos ao lume lento dunha lareira saben moito mellor q calquera feito nunha exprés a propano e a leña empregada para ela podemola facer sostible trasmochando carballos. Pero todo iso leva tempo e traballo antes, durante, e despois.
Amodo e dende abaixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario