miércoles, 11 de enero de 2012

Ser humano

Eu penso q se somos humanos é por cousas como a capacidade d soñar, sentir, falar, ler e escribir.
As tres do final teñen q ver co idioma, a capacidade das persoas de crear diferentes linguas, coa mesma matriz ou distintas, según os lugares e os feitos históricos. Os cans ladran o mesmo en Australia, América ou na tua casa, as persoas por sorte nn. Desprezar, ignorar, ou o q é peor, poñer trabas a unha lingua ou cultura e tirar pedras no teu propio tellado.
Os sentimentos nn é algo exclusivo das persoas, os animais e vexetais tamen sinten, pero de xeitos distintos. Os animais salvaxes, na sua maioria, o ver como un depredador captura a un menbro da sua manada nn se deteñen, supervivencia supoño, pero son capaces d dar cariño ou xogar, nos temos unha gama de sentimentos moito mais ampla, tamen por sorte, ainda q as veces nn o creamos asi, q soe ser sempre cando doe.
Soñar, imaxinar, ser utópico é unha cualidade humana das mais maravillosas. Dende a imaxinación somos capaces d crear cousas q logo tronanse realidades moito maiores, un exemplo o submarino de Julio Berne. Ser utópico e a única maneira d atravesar muros decatandonos nese intre q detrás nn hai nada tan forte como criamos dende o outro lado e q derrubalo e moito mais sinxelo do esperado.
Aqueles q lapidan a alguen por ter a capacidade de ser critic@ con todos os bandos incluido o seu dicindolle q soña con utopías, en realidade estanlle a facer un alago e evidenciando a sua falta d capacidade para soñar. Soñar desperto e tan preciso como durmir, se nn é q te conformas cos muros da tua habitación. Unha sociedade q nn soña ou faino con cousas banais é unha sociedade controlada e domesticada.

Con todo isto declarome soñador utópico, cos sentimentos a flor de pel, falador, lector e escritor do meu camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario